Entrevista | Luis Ceán García
23 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.O presidente provincial do PP, Juan Juncal, e o secretario provincial, Carlos Negreira, arrouparán hoxe a Miguel Ceán García na súa presentación como candidato á alcaldía de Malpica (21.30 horas, no Centro Cívico). O ata de agora presidente das Novas Xeracións da localidade, estréase na primeira liña da política municipal e o fai con moitas gañas porque, asegura, «Malpica necesita un cambio». -¿Cal é o obxectivo do PP en Malpica? -O noso obxectivo é o cambio, porque é moi necesario. Xa sabemos ata onde poden chegar os políticos de Malpica que levan toda á vida neste mundo e xa pasaron polo goberno e é evidente que a renovación é moi necesaria. Queremos darlle a Malpica un goberno estable e consolidado. Sólido. E traballaremos para conseguilo, por iso imos a pola maioría absoluta, porque pensamos que facer pactos é xogar cos veciños. -¿Descartan os pactos? -Non directamente, só estaríamos dispostos a pactar polo ben de Malpica, non por intereses personais. -¿Con quen poderían formar goberno? -Iso haberá que estudialo chegado o caso. O que temos claro é que elixiríamos a mellor opción para o pobo. Estamos abertos ao diálogo con todas as formacións. -¿Xa tedes confirmados todos os postos na vosa lista electoral? -Case, faltan poucos detalles. Os postos de saída están todos confirmados e o que está claro é que é unha lista totalmente renovada, con mozos e xente con experienza, pero todo caras novas. A renovación facísase necesaria no PP, pero tamén debería darse nos outros partidos, porque en Malpica coñecémonos todos e xa sabemos ata onde poden chegar. -¿Que lle gustaría facer se fose alcalde? -Primeiro ver o que está mal e correxilo e despois gobernar para todo o mundo, non só para uns poucos. Quero acabar cos favoritismos e facer unha política limpa e clara, polo que o contacto cos veciños será fundamental. Os políticos agora só aparecen dous meses antes das eleccións e están errados, porque o político ten que ser consciente de que é un empregado do pobo, ten que estar ao seu servizo.