Actividades de Adega

La Voz

CARBALLO

CARBALLO | 10.00 HORAS

24 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

A asociación ecoloxista Adega desenvolve en Bergantiños unha serie de actividades diversas. As dez da mañá sairá do Pazo da Cultura de Carballo un autobús para as persoas interesadas en realizar un roteiro pola costa, dende a lagoa de Traba, en Laxe, ata Santa Mariña, en Camariñas, nun percorrido de doce kilómetros. Despois, ás 5 do serán, haberá no Pazo da Cultura unha conferencia sobre os problemas dos montes galegos. A xornada rematará cunha asemblea de socios, ás 6 da tarde.