08 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.
?uis Miguel Suárez Pérez, de 24 anos, natural de Camelle, hostaleiro, membro dunha entidade de apoio a Man, é o candidato do BNG á alcaldía de Camariñas, sustituíndo así a Xosé Manuel Marcote Baña á fronte da lista. Na actualidade, o BNG non ten representación na corporación. A presentación da candidatura será esta noite, ás 21.00 horas, na Casa de Pedra. Asistirán Manuel Antelo, responsable comarcal; o deputado Pablo González Mariñas, e a secretaria de Igualdade, Carme Adán, entre outros.