CORCUBIÓN | 20.30 HORAS
14 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.A Casa de Cultura de Corcubión acolle hoxe o espectáculo tabernario Os tres da comedia , da compañía Tirinautas Teatro: unha sucesión de monólogos, anécdotas e chistes que, tomando como base os contos que desde sempre enriqueceron o mundo rural galego, non ten outra pretensión que a de facer rir ao público durante os 75 minutos que dura o espectáculo, e que xa percorreu máis de 40 vilas de toda Galicia. Os actores son José Manuel Rodríguez Puente, máis coñecido como Isi ; Xavier Sampayo e Xabier Lorenzo. Todos formaron parte do programa O rei da comedia , da TVG, e Isi, de Pillados, Supermartes e Zapping Comando .