«O máis importante é o emprego»

Cristina Viu Gomila
Cristina Viu CARBALLO

CARBALLO

Entrevista | José Manuel López Varela

23 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? alcalde de A Laracha ten moi claras cales son as prioridades e está convencido que só coa creación de postos de traballo mellorará a situación do seu Concello. -¿Cal foi o principal logro nestes tres últimos anos? -O documento que marca o deseño do municipio. O máis importante foi a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que está dando moi bos resultados no crecemento urbanístico e permite ter máis espazos públicos e servizos. Ademais a construción crea riqueza e axuda ao asentamento da poboación. -¿Que cree que necesita o seu Concello? -O máis importante é o emprego, a creación de postos de traballo. O polígono que está agora en tramitación é unha das cousas que poden ir solucionando este problema. O fundamental é asegurar o crecemento e temos perspectivas mou ilusionantes. Aínda que non hai unha oficina as empresas xa solicitaron unha media de 400.000 metros. -¿Como cree que vai afectar o porto exterior? -Vai ser un revulsivo, unha locomotora para o eixe formado por Arteixo-A Laracha-Carballo. Vai supoñer un importante asentamento de industrias que traballan alí directamente. A Autoridade Portuaria de A Coruña xa se interesou polo solo industrial. Nós imos ter un polígono de 850.000 metros cadrados e no plan xeral hai case que tres millóns reservados para solo industrial. O porto vai ser un dos máis importantes de España. -¿E vai cambiar moito Caión? -Vanse facer sesenta vivendas no campo de fútbol e temos actuacións en moitas rúas... -¿Pero vai influír o porto de A Coruña? -A nosa gran ilusión é que haxe un gran porto deportivo en Caión e co novo dique pode ser unha realidade. Temos pendente unha visita do presidente de Portos de Galicia. Dende o goberno local e a confraría apoiamos tamén a pesca, pero o futuro pasa polo turismo. Cremos que no plan director de portos deportivos vai estar Caión. Tamén facemos xestións para ampliar o paseo. -¿Que foi o máis difícil destes tres anos? -Non o podería dicir. Hai temas polos que pelexas moito tempo e non dan avanzado coa rapidez que quererías, pero o peor é cando ven xente ao despacho a pedir traballo para el ou para un fillo. -¿Que lle gustaría pedir se poidera ter mesmo a lúa? -Emprego. Tamén infraestruturas porque marcan o desenvolemento de A Laracha. Querería un presuposto máis grande porque dependemos moito das axudas das Administracións e agora estannos recortando os ingresos. É moi importante potenciar a educación e precisamos un centro para atención á tercerias idade.