O lobo

VICENTE DE LEMA

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

07 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O LOBO ataca de novo. A lexendaria fera fai acto de presenza nos montes e nas poboacións da Costa da Morte. Aínda así, e por moito que digan, xa non sembra o pánico como noutros tempos, de cando os vellos lle contaban contos aos rapaces e os cánidos eran seres temidos tanto un estivese esperto ou dormido. De noite, moitos rapaces soñaban que estes animais eran quen de roer as portas e chegar a calquera lugar. Nestas circunstancias, o mellor era agocharse debaixo das mantas e un ía quedando dormido. Logo, pola mañá, e por sorte, non había nin pegada do lobo. Os avós contaban que cando ían para o monte vían as pisadas do gran depredador no barro ou na lama. Cando sucedía isto e un andaba só polo medio do monte, baixáballe un suor frío polo relo do lombo. Eu non creo que fose para tanto. É unha pena que a Administración non busque unha solución para as perdas que moitos gandeiros sofren a causa dos ataques e hai xente que defende directamente a extinción do lobo ibérico. Sempre levou moitas culpas por ataques a reses de gando e ás persoas. Hai moito tempo, un regueifeiro soneirán cantáballe a outro: «En Tines tedes algo de todo, matades uns aos outros e botádeslle a culpa ao lobo». Había pouco que un veciño aparecera sen vida.