Erros

M. CARMEN ESPASANDÍN

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

20 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

HAICHE ERROS erros de todo tipo, mesmo nas teoloxías máis avanzadas. Certo é que, moitas veces, os fallos son humanos. Algúns aínda chegan a resultar graciosos. Neste intre estou a lembrar un conto que anda por aí, referente a unha tal Tareixa das Brañas. Se cadra xa o tedes escoitado... Bo medo papou a pobre muller, xustamente o día do enterro do seu home. Todo por culpa dunha mensaxe que lle chegou por Internet. O caso comenza cunha parella de Ourense que decidiu pasar uns días cara o Sul, buscando outros ambientes. Escolleron un hotel de cinco estrelas en Málaga. O marido partiu cara alí uns días antes. Tanto lle gustou aquilo que primeiro fixo foi enviarlle un email á muller. Precisamente o que, por erro, lle chegou a Tareixa das Brañas: «Meu amor: Cheguei ben. Se cadra sorpréndeche recibir tan axiña novas miñas, é que agora dispón aquí de ordenadores e pódense enviar mensaxes aos seres queridos. Acabo de comprobar que todo está preparado para cando ti chegues, mañá venres. Teño ganas de verte. Desexo que teñas unha viaxe tranquila e relaxada como foi a miña. P.D. Non traias moita roupa, que vai un calor tremendo aquí abaixo». ¡Atoparon a Tereixa desmaiada cabo do ordenador!