A política

VICENTE DE LEMA

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

09 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

UN ACABA tendo mágoa dos políticos. Aí teñen a vello Pujol. Tantos anos de servizo a Generalitat e a Cataluña e agora ve enzoufado o seu prestixio co tema do 3% por cento do que falou Maragall. Claro, a xente é moi dada a crer nestas cousas. Non fai falta moito traballo para convencer a un cidadán de que un xestor público unta ben as mans e o que lle cadre no saco público. Pensar mal é de balde e agora anda na boca de moitos veciños da Costa da Morte o tema dos supostos pelotazos urbanísticos. Non se pode tocar a lingua tan facilmente. Ademais, os mandatarios tamén teñen familia que lle de oír estas cousas. Nestes temas, todo o mundo matina no malo. Se din que un rexidor enchufa a un fillo, a un sobriño ou a irmá dun carretador de votos nas eleccións todo o mundo o cre a primeira. Acusacións deste tenor hai que confirmalas moito e estar moi seguro delas antes de lanzalas ao aire. Xa se sabe aquilo de que calumnia que algo queda. Se os alcaldes ouvisen o que contan deles darialles algo. Falando destas cousas, un paisano diciame un día destes que os alcaldes teñen que ir arranxando o seu futuro e que «o tempo de afiar a ferramenta nunca é tempo perdido». Para el, afiar a ferramenta é preparar o difícil día de mañá.