CARTA ABERTA | O |
30 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.A ASOCIACIÓN As Baleas fixose cargo o pasado ano dos equipos de fútbol sala da liga comarcal nas categorías benxamín, alevín e infantil ante a falta de este deporte nas actividades do Concello, e despois de detectar a necesidade de participar na liga da Costa. Para iso, creamos dentro da nosa asociación As Baleas FS, contando coa promesa da concelleira de Deportes, despois de ter unha reunión previa con ela, de que para o seguinte ano se faría en conxunto, ou sexa con Concello e As Baleas. Pois ben, isto nin se cumpríu nin se nos avisou de que ia ser así. Cando quixemos comezar coa tempada dinmos que este ano o Concello de Camariñas vai facer equipo cos nenos creando unha escola de fútbol. Loxicamente sen contar coas Baleas para nada. Hai que dicir que o labor dos adestradores das Baleas foi desinteresada, e en ningún momento se lles cobrou aos rapaces, é mais, recibiuse 6 euros por cada partido arbitrado na casa e con eses cartos levouse aos rapaces ao Maratón das Estelas pagándolles a comida, masaxistas, e buscando e levando aos nenos as súas casas. Agora se lle está cobrando unha cuota anual. Dende a Asociación As Baleas quérese deixar claro ás nais e pais dos rapaces que formaban o equipo de As Baleas FS, que a nosa intención é continuar durante moitos anos adestrando cos rapaces do Concello. Sentímonos decepcionados pola actitude do Concello de non contar co organismo fundador e creador de proxecto, como de palabra se quedara. A nosa conclusión é que os concellos, ou este concretamente, outros non o sabemos, só queren as asociacións para coller as ideas, poñelas en marcha e discriminalas como se nada pasara, e parece que para vir antes das eleccións a captar votos. A solución é sinxela. Non molestarse en facer nada e menos sen ánimo de lucro, xa que os organismos que teñen que apoiar a estas asociacións son os encargados de desfacelas. Pero tamén hai un lado positivo en todo isto e que As Baleas sabe volar. Conseguimos que haxa unha escola de este deporte no Concello. A directiva da Asociación Cultural As Baleas