Costumes

ÁNTONIO DÍAZ AMOR

CARBALLO

ARA SOLIS | O |

13 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

ALÉDAME ver como os novos se afanan en preparar o magosto para gozar cos colares de castañas e os fouciños tiznados. O que non me agradou tanto foi lembrar aos mesmos, días atrás, preparando con similar afán a festa de halloween que será moi importante para a cultura saxona, pero non lle vexo ningún interese para a nosa (a non ser a papanatería cultural). Comprendo que nesta sociedade globalizada sexa necesario dominar a lingua de Shakespeare para medrar; o que non me entra na cachola é que ao mesmo tempo teñamos que copiar os seus costumes. Coñecín hai anos a unha irlandesa que a penas sabía dicir un par de frases en castelán, pero a lo menos se esforzaba; un día pregunteille en qué traballaba nas illas e me contestou que o facía nunha compresa en Dublín. Pódense imaxinar o meu sufoco para explicarlle o seu erro lingüístico dado pola mestura das verbas company e empresa e as gargalladas que a metedura de zoco provocou entre os presentes. Co tempo, a rapaza rematou empapada da cultura galega e continuou celebrando os seus halloweeen e o día de San Patricio, pero tamén gozou das castañas e do viño no noso magosto... Non me estrañou nada que acabara cantando A rianxeira.