PLAN DE PULPO
17 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Para el conselleiro de Pesca «os topes están para non queimar o recurso. Se hai outros métodos como aumentar o tamaño mínimo ou establecer unha veda podese estudiar. De todo os xeitos, levounos moito tempo que se respectase o descanso semanal e aínda non se cumpre de todo». Asegura además que «por deixar as nasas no mar non hai ningún problema se é por mal tempo, só é preciso avisar á confraría. Iso está previsto. O problema é que as nasas que levantamos están sen identificar e con carnada». López Veiga también comentó: «As confrarías demándannos con insistencia que vixiemos e iso imos facer con embarcacións que van estar 24 horas no mar. No plan do pulpo todo é posible aínda que non cambiaremos a norma só para deixar as nasas no mar, senón para mellorar a situación da xente e do recurso. Unha das propostas nas que coincide máis xente é a da veda, que a min non me disgusta, pero que hai que ver con prudencia».