RADIOGRAFÍAS | O |
27 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.ESTA SEMANA achegueime ao mesmísimo cerne da Administración autonómica, ao complexo compostelán de San Caetano. Para entrar no recinto hai que deixarlle os datos a uns axentes que anotan nas computadoras todas as visitas ao centro administrativo. Logo un ten que ir orientándose polos corredores e sentir o pracer de pisar moqueta ou, o que é o mesmo, pisar poder. Subindo e baixando escaleiras un comprende as loitas polo poder: Dirección Xeral de Tal, Subdirección Xeral de Aqueloutro...Mentres pasaba por diferentes departamentos recordei algo que me comentaron non hai moito nun xantar. Un dos comensais referiume unha época pasada na que estivera en política exercendo un considerable mando por aqueles mesmos corredores. Con resignación explicoume que unha vez lle prometeran firmemente unha Dirección Xeral. De feito esa noite foi durmir coa seguranza de que ás poucas horas sería un notabilísimo cargo. Coma no fútbol, as cousas torcéronse no último minuto, de penalti e en fóra de xogo. O primeiro efecto da derrota foi a desbandada dos chupa nabizas que sempre andan osmando ao redor da calor do poder. Eses parásitos, sempre prestos á felación, que agardan en complot a súa parte do pastel....