Remata o programa cultural «Sete días para Dombate»

La Voz

CARBALLO

21 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

?espois de diversas actividades (camiñatas nocturnas, espectáculos de baile e música tradicional, música clásica e folk...) realizadas durante agosto por varios puntos do municipio de Cabana, hoxe péchase o programa de promoción do dolmen de Dombate cunha xornada adicada aos nenos. A partires das catro da tarde, o campo do Briño de Borneiro acollerá un espectáculo teatral no que participarán centos de nenos. A coñecida compañía Os Quinquilláns ofrecerá o seu espectáculo A Torre do Trebón , que está dividido en dúas partes ben diferenciadas. Na primeira, os cativos realizarán os seus propios atrezos coa axuda de varios monitores. A continuación poderán disfrutar cunha representación de títeres da que tamén formarán parte.