Entrevista | Jesús MourónVarela Este veterano de 79 anos, que aínda fai pezas para as súas fillas e os seus netos, será o protagonista da tradicional comida de homenaxe aos oleiros que se celebra hoxe
12 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.?esús Mourón é todo un veterano da olería, que, a pesares de ter que marchar a traballar á refinería da Coruña aos 42 anos, nunca perdeu o contacto co oficio. -¿A habilidade do oleiro pérdese co tempo ou é como andar en bici, que din que nunca se esquece? -(Risas) Si, si que se perde. Hai que practicar, pero non é ese o meu caso. Desde que fun para A Coruña viñen a Buño a facer pezas sempre que puiden, e desde que estou retirado volvo unha vez ao mes e nunca me perdo a Mostra. -¿Cando comezou nisto da olería? -De rapaz. Con trece ou catorce anos empecei a traballar e pouco despois, aos 18, gracias ao meu mestre, Caamaño, xa aprendera e xa era un oleiro. -¿Cambiou moito o oficio desde aqueles tempos? -Daquela era durísimo. Cando empecei eu as pezas eran moito máis grandes e as xornadas de traballo, moito máis longas. -¿E o traballo co torno? -Eu aínda son capaz de facer máis pezas máis rápido co meu tradicional que a xente de agora cos eléctricos. O torno é marabilloso. -¿Como ve a Mostra da Olería? -Moi ben. É unha cousa moi boa na que se poden ver pezas moi bonitas. -¿E o futuro? -Hai xente que está traballando agora e que é moi boa. O problema é que os rapaces non queren aprender. Habería que crear unha escola para ensinarlles o oficio e que esto non morra. -¿Como leva o feito de ser o protagonista da homenaxe deste ano? -Sinto o orgullo maís grande do mundo e espero que este acto tamén lles brinde un gran recordo ás miñas fillas e aos meus netos.