O asalto ó castelo de Vimianzo

MIGUEL QUEIRO

CARBALLO

ANA GARCÍA

CON VOZ PROPIA | O |

18 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

A ASOCIACIÓN Axvalso está a organizar a novena edición do Asalto ó Castelo de Vimianzo, prevista para o 3 de xullo. Este acontecemento está precedido dun concerto de música. Pero os organizadores temos previsto realizar importantes cambios con respecto a edicións anteriores. O asalto farase máis cedo para que toda a xente poida participar no mesmo e tamén se pretende afianzar a parte teatral e participativa, xa que non existe ningunha festa similar en Galicia. A asociación Axvalso fixo un chamamento as institucións públicas para que subvencionen parte da organización do acto. En especial, solicitouse a axuda do Concello de Vimianzo pola publicidade que supón a festa, tanto para o Concello como para toda A Costa da Morte. Todo iso sen contar cos dous mil carteis que de distribuirán por toda Galicia. A asociación necesita colaboradores, xente que queira participar como actor, como organizador durante a celebración da festa, como axudante en traballos de acondicionamento, realización de traxes, atrezzo do asalto, etc... Por iso fixemos un chamamento ás outras asociacións do municipio e a todas aquelas personas que queiran participar para que sumasen esforzos con nós.