Gracias a todos

JOSÉ MANUEL FERREIRO CHANS

CARBALLO

TRIBUNA ABERTA | O |

08 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

AS ASOCIACIÓNS veciñais, deportivas e profesionais da vila de Corme, organizadoras da homenaxe a José Valderrama López, voluntario do Prestige asasinado nos atentados do 11-M en Madrid, queren agradecer ao pobo de Corme a solidariedade demostrada coa moza, cos familiares e cos amigos do homenaxeado que asistiron aos diferentes actos. Corme soubo estar, coma sempre, coas xentes que un día viñeron a axudarnos sen pedir nada, e cando máis o necesitamos. Tamén queremos dar as gracias a José Manuel Varela, cura párroco de Corme; a Serafín e José, da empresa de autobuses Cotelo; a Paco e Alfredo, armadores da embarcación Lubricante ; ao coro Brisa do Mar e aos seus magníficos directores Jesús Méndez e Ramón Saleta, pola axuda tan desinteresada que nos proporcionaron. Gracias tamén aos alcaldes, concelleiros, membros do colectivo Rosalía de Castro e Nunca Máis, presentes nestes emotivos actos. Finalmente, queremos transmitir ao pobo enteiro unha mensaxe de María Jesús López e José Miguel Valderrama, pais do mozo voluntario e que di así: «Gracias por todo lo que habéis hecho en memoria de nuestro hijo. Disculpad por no haber podido estar presentes, pero para nosotros todo está muy reciente. Esperamos ir a Corme algún día a agradeceros todo personalmente; mientras, os estamos profundamente agradecidos y siempre estaréis en nuestros pensamientos. Muchas gracias».