A BOCA PEQUENA
12 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.?UERIDOS RAPACES e rapazas: Chámome Bule-bula, e son un esquío que vive nun monte galego do que non importa agora o nome nin o lugar onde está. Diríxome hoxe a vós para pedirvos que, por favor, non lixedes máis a Natureza. Non, non. Non me tomedes por un pesado. Eu dígovolo porque todo canto mal lle fagades repercutirá negativamente en vós, créedeme. Pero non vos vou deixar somentes con esa mensaxe, así, como quen di «¡ahí vai!». Non. Vouvos ensinar a coidar a natureza que, aínda que pensedes que non, é moi sinxelo. Somentes tedes que aprender o significado dos tres erres. «¿Qué rollo é iso?», preguntarédesvos. Pois ven sendo que reducir é procurar non producir tanto lixo, reutilizar volver a utilizar certas cousas dándolle novas ou as mesmas utilidades, e reciclar é o proceso mediante o cal se tratan determinados materiais para poder volver a usalos. ¿A que non é tan difícil? Tamén tedes que recordar que hai que usar os colectores do xeito adecuado. O azul é para o cartón e os papeis; o amarelo, para as latas, os plásticos e os bricks, o iglú verde serve para depositar o vidro e o verde escuro, para botar os residuos orgánicos. Tamén os hai para pilas e menciñas que están caducadas. E acordádevos de coidar o planeta. Alba García Rodríguez é alumna de sexto curso de primaria do colexio Calvo Sotelo de O Carballiño.