A BOCA PEQUENA
27 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.A miña vila chámase Cee. Un día caluroso do verán, os meus amigos e máis eu decidimos facer unha excursión ó repetidor, o lugar con mellores vistas, segundo a miña opinión. Fomos en bici e levamos a merenda. Ó achegarnos alí, un cheiro moi desagradable penetrou nos nosos narices. Había unhas montañas de lixo interminables con electrodomésticos, colchóns vellos¿ ¡Ata ratos había! Baixamos con esa imaxe na nosa cabeza. Xa sabiamos por qué lle chamaban a cheminea de Cee . Uns días máis tarde comezou o colexio e a nosa mestra de Naturais falounos de Cerceda, de Sogama e do programa Xuntos na Escola . Dixo que tiñamos que facer uns traballos. Eu estaba a pensar o tema da redacción cando recordei a imaxe que me quedara grabada na excursión. Empecei a escribila, pero a miña dúbida era cómo rematala. Un día, lendo o xornal, apareceu unha nova que lle afectaba a miña vila. No repetidor, ese lugar con tan boas vistas, ían facer unha ecoplanta. Os camións do lixo depositarían o lixo nun colector hermeticamente pechado sendo transportado logo á planta de Sogama para reciclar. ¡Que ben! Xa non cheiraría tan mal, xa poderiamos ir de excursión¿ Así rematei a miña redacción.