Entrevista | Óscar Fernández Sanjurjo Cempés actúa esta noite en Carballo para presentar o seu último disco, titulado «Moe a moa»
29 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.Óscar Fernández, que se ocupa do acordeón e da zanfoña nos Cempés, asegura que o último traballo do grupo é a súa «aposta máis radical». -¿Cómo é ese novo disco? -É un directo cos instrumentos tradicionais, pero arroupados con batería, baixo e guitarra eléctrica. Con iso demostramos que ambos mundos son perfectamente compatibles. -Parece que o eclecticismo está de moda. -Está ben que haxa grupos que se centren en reproducir e recuperar as tradicións, pero para que esta música esté na sociedade, para popularizala, hai que tratala e adaptala. Nós somos xente nova e tamén escoitamos música moderna. -Empezaron a tocar no 85, aínda que a cousa vai en serio dende o 93. ¿Como foron eses inicios? -Dende o principio tivemos moito éxito, sobre todo na comarca de Ferrol, de onde somos. Tocabamos en salas pequenas, pero o boca a boca funcionou e no 95 sacamos o noso primeiro disco, tamén en directo. -O éxito chegou, entón, a base de traballo. -Somos o oposto a Operación triunfo . -¿Como evolucionaron dende entón? -Sobre todo sufrimos unha transformación importante na composición do grupo, pero tamén nos temas. Aínda que penso que sempre hai algo que se repite, usamos melodías tradicionais non moi complexas, sempre tratándoas con bastante libertade. -¿Segue en auxe a música folk? -Agora empézase a falar de recesión. Pero o que pasou é que se propiciou unha imaxe de que a música folk funciona ben, pero non é de superventas, é de minorías. Pazo da Cultura.