«Presentamos un plan integral para a Costa da Morte»

La Voz

CARBALLO

TAREIXA NOVO (BNG)

01 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? deputada Tareixa Novo, moi vinculada á comarca de Fisterra, cre que o que fai o PP é «pura propaganda». -Non quero destacar nada en concreto, senón en conxunto. Nós presentamos un plan integral para a Costa da Morte. No proxecto da Xunta parece que nesta comarca non pasou nada no ano anterior. Poderían ser as contas de calquer ano. Xa sen Prestige , é desfavorecida, pero con Prestige , moito máis. Para nós, o Plan Galicia non existe, porque non se prevé unha inxección orzamentaria. -Inversións públicas vainas haber. -Todo o que se anuncia non é máis que propaganda. Do anunciado para o ano que vén, non hai nin unha soa cousa, nin unha, que teña que ver coa recuperación das consecuencias do Prestige . Nós propoñémolas, a maiores do que xa hai. Pero, claro, o que fai falta é unha acción política importante e non a hai.