TRIBUNA ABIERTA | O |
28 oct 2003 . Actualizado a las 06:00 h.NADA MELLOR que a análise repousada e obxectiva para profundizar pormenorizadamente no día despois de calquera comicio electoral. Á vista dos resultados do domingo e, xa que logo, das perspectivas dos grupos políticos contrarios á dereita que representa o PP fisterrán, o que semella claro é que cada vez máis a cidadanía pronuncia o seu dictame en base a aspectos condicionados dunha ou doutra maneira. Non abonda, polo tanto, a suposta madurez democrática que se lle supón á vontade popular, nin siquera contan demasiado as peculiaridades e características propias que sempre acompañan ós procesos electorais na nosa querida vila. Ó contrario. Pesan máis outros aspectos que todos coñecemos e que deberán valorar estes días os nosos representantes políticos desde os cauces legais do sistema democrático. O de carrexar e transportar non é novo, como tampouco o de perder algún que outro saco de votos da diáspora. Sabémolo todos. Pero hai que mirar adiante. Con certeza, a chamada ás urnas do domingo deixará sempre un sabor acedo nun número importante da sociedade da nosa vila, e, á vez, certamente doce nos simpatizantes -cada vez máis comprometidos - do partido conservador. Haberá que ver os froitos do goberno popular co respaldo total que lle outorga a maioría absoluta. Bando «perdedor» Como lectura final e apuntándome, por suposto, ó bando perdedor , hai cousas quen doen e que cómpre diagnosticar a tempo a fin de mellorar en futuros encontros co electorado. A leve pero importante caída do BNG e a consecuente demisión do seu candidato e portavoz Cholo é unha mala noticia, non só para a esquerda en Fisterra, senón tamén para o propio devir político da nosa vila. Vaise un representante público con maiúsculas, dos que escasean. O ascenso en número de escanos do PSOE e a consolidación de dúas forzas independentes como CDI e FU son tamén referencias da diversidade que arestora se dá no noso pobo. Outras, en cambio, é preciso valoralas positivamente, na súa xusta medida. Roma non paga a traidores . Fisterra, as súas xentes, a veces ignoramos, temos, en certo modo, a sombra do descoñecemento, pero non esquencemos, non de todo. O desmemoriado, o trepa, o intruso; por el bien del pueblo xa está onde lle coresponde. No máis absoluto silencio.