«Damos a mensaxe de que se vai perdendo humanidade»

La Voz S. G. | CARBALLO

CARBALLO

SANTI M. AMIL

Entrevista | Pepe Penabade Hoxe hai en Vimianzo un coloquio e unha obra teatral sobre os afiadores

17 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?epe Penabade, autor teatral que reside en Santiago, chega hoxe a Vimianzo para falar dos afiadores. Estará acompañado do muxián Xosé Henrique Rivadulla, Corcón , co que manterá un coloquio sobre a orixe, evolución, traballo, importancia e actualidade desta figura das rúas e feira galegas. Despois, coa compañía Volta e Dalle, interpretará a obra ¡Furgagarabela! . ? -Moza bonita, en barilete, que é a lingua dos afiadores. -¿De qué falarán no coloquio? -Fixemos unha recollida etnográfica cun afiador de Ourense, para saber cómo era a vida de afiador, e recopilamos moitos datos. Despois editouse unha publicación con eles, na que tamén se inclúe un diccionario de barilete e ata partituras da música de chifre , que é ese asubío característico dos afiadores. -Cando acaban de falar, empeza a obra teatral. ¿Como se lles ocorreu indagar neste mundo? -Con Rivadulla Corcón faciamos un programa na Radio Galega no que falabamos de moitos temas. Un día tocoulle ós afiadores, e moita xente respondeu, contou as súas historias, sobre todo pola zona de Ourense, e naceu a idea. Xa levamos 35 funcións por Galicia, ademais de Asturias e Portugal. -¿De que trata a obra? -Hai un debuxo dun afiador nun cadro, que ata ten teléfono móbil. Racha o cadro e sae del, coa roda de afiar, e convértese en afiador e capador. É unha historia humana, pero tamén damos a mensaxe de que se vai perdendo humanidade, alertamos sobre o mundo da globalización. -Xa non quedan moitos afiadores na vida real, ¿non lle parece? -Seguen existindo, pero case sen roda e sen moto. Van na furgoneta. Eu teño un amigo, Carlos Carballo, que é o máis xove de Galicia, con 27 anos, e ten feiras cada día en Ourense. El di: mentras haxa coitelos haberá afiadores. Centro social de Vimianzo.