Hipocrisía e cornamenta

RAMÓN M. VILAR LANDEIRA

CARBALLO

RADIOGRAFÍAS | O |

14 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

NON SEI de onde vén etimoloxicamente a expresión de «poñer os cornos» para facer referencia á infidelidade. Así escoitarán: «Fulano de tal e tan tan cornudo que non sei como é capaz de entrar no bar sen que lle bata na porta a cornamenta» ou «é un desgraciado, tan boa muller como ten e anda facéndolle cornos polo mundo». Xa o dicía Joaquín Sabina, «cuernos, cuernos, cuernos siempre tan modernos». O cancioneiro popular galego é ben elocuente co asunto de andar traballando fóra da casa, «pica canteiriño pica / pica na pedra miúda / pica na muller allea / que outro ha picar na túa». O que quizais é máis curioso é o tremendismo con que se toman estos temas. Unha estraña mestura de orgullo e sentimento de propiedade que nalgunhas ocasións acaba en desgracia. Porque haber hai de todo. Imaxinen un paisano que anda toda a noite de alterne, chega á casa ás tantas e atopa á parenta cun compañeiro de traballo, que curiosamente se ausentou esa noite da ruta do bacallao polos clubs da zona. Seguramente o marido indignado armará a de san Quintín e incluso pode facer amago de coller a escopeta e mandar un par de cartuchazos contra a parella. ¿Non é hipócrita a postura deste cornudo?