Entrevista | Mónica Martínez Lema A coñecida presentadora, natural de San Cremenzo de Pazos-Zas, acaba de cumprir sete años fronte ás cámaras da televisión pública
05 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A Mónica Martínez Lema pódese vela estes días á fronte do programa Deporte Serán, da TVG, máis ou menos ás nove da noite. Pero a súa ubicación habitual na parrilla da cadea pública, durante os últimos anos, é a sobremesa, a partir das tres e media. -Impresionante. Eu estudiei Filoloxía Inglesa, despois realicei o Master de La Voz e mandáronme de prácticas alí. Estaba destinada ó Gabinete de Prensa da CRTVG, pero pedín deportes na televisón. E ata hoxe. Foi unha casualidade, porque cheguei no momento en que precisaban voces femininas. Estou moi contenta, tanto polo traballo en si como por cómo está o mercado laboral. -Non é aínda moi habitual ver a mulleres traballar en deportes. ¿Que tal o trato, sobre todo cos futbolistas? -Excelente, sempre. Quizá inflúa que coas mozas son siempre moi amables, pero en xeral son educados, eles e a xente. Nunca tiven problemas con ninguén. Aínda que si que é certo que algún cumpañeiro meu si que tivo algún percance porque algúns afeccionados crian que era de tal ou cal equipo. -¿Non preferiría traballar noutras áreas periodísticas? Economía, sociedade, a actualidade política... -A min esto góstame moito. Ademais, o deporte é máis agradable que o resto da información. Está mellor falar de fútbol que da guerra ou do Prestige , por exemplo. -Desde hai un tempo, tamén se lle pode ver en actos sociais pola bisbarra. ¿Peaxes de ser coñecida? -Empezara tamén de casualidade, por unha familiar, presentando un acto contra o cancro, e logo viñeron as comidas das fías, outros actos. Non teñen que ver co deporte, pero está ben.