A BOCA PEQUENA | O |
05 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.SOMOS UNS rapaces e rapazas de sexto curso do colexio A Cristina preocupados polo coidado do medio ambiente e queremos defender a natureza. Os tres reinos do cosmos son o Reino Animal, o Reino Vexetal e o Reino Mineral. Todo isto pode acabar se non tomamos as medidas necesarias a tempo. As erupcións volcánicas ou os terremotos son fenómenos naturais que nós non podemos evitar, pero hai cousas que si podemos chegar a evitar como por exemplo a queima dos montes que produce a morte de moitos animais e plantas. Ás veces esto ocorre por tirar cigarros acesos ou botellas de cristal que fan como unha lupa que aumenta a intensidade dos raios do sol. Disto vimos a falar, da reciclaxe. Nos colectores amarelos deposítanse os plásticos, os bricks, as latas e tódolos envases que haxa. Nos iglús verdes debemos depositar as botellas de vidro. Nos colectores azuis vai o papel e o cartón. Todo o que non poida ir nestes contedores corresponde botalo no de cor verde. Non se pode facer por ahí iso de tirar o lixo no monte, pois é moi contaminante. Así que todos debemos poñer empeño en favorecer a reciclaxe.O que tamén dana a natureza son os gases das fábricas e o fume dos coches. Porque cada vez a capa de ozono está máis destruída e é moi importante para nós e para tódolos seres vivos. Un exemplo de contaminación nestes momentos é a marea negra nas praias das nosas bisbarras. Isto non só as perxudica a elas e ós peixes, senón que tamén á saúde das persoas e ós que non poden pescar para gañar cartos para subsistir.