«O concello ten que ser o motor da comarca»

La Voz S. G. | CARBALLO

CARBALLO

Gándara é, por segundo mandato consecutivo, cabeza de lista a unhas eleccións ás que se presenta «optimista e ilusionado»

04 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Ramón Gándara leva xa moitos anos («vinte ou así») na política municipal de Vimianzo. No BNG afronta o seu terceiro mandato, xa que antes pertenceu a Unidade dos Veciños. -Estamos elaborando o programa, que faremos público en breve. Será realista e ambicioso. Apostamos, fundamentalmente, pola democratización do Concello, que nel teñan cabida tódolos ciudadáns respetando a igualdade de oportunidades, e tamén os nosos empresarios, xa que o Concello parece un gueto para un sector ligado a determinados temas familiares. E a oferta de emprego non é real para os veciños. -¿Cal é o lugar que debe ocupar Vimianzo? -O Concello ten que ser o motor da comarca, ten que facer comarca, ser a verdadeira cabeceira, con intelixencia e sensibilidade e sen localismos. E dista de selo en relación a outros municipios. -¿Hai algún tema que lle preocupe especialmente? -O do urbanismo. Teño moita esperanza de que o PXOM, cando se aprobe, será un instrumento de despegue, porque as normas actuais coutan bastante o noso futuro. Un dos principais fallos de xestión do actual goberno municipal foi non abordar o plano de urbanismo ó seu debido tempo, o que provocou, entre outros problemas, que non teñamos chan industrial. Teño a esperanza de que Vimianzo vaia a máis, pero está lonxe de ser o que debería de ser.