«Este ano, con dez días de festas, as celebracións son máis unha carreira de resistencia que de velocidade»
CARBALLO
Manuel Varela Rey, alcalde do Concello de Carballo A festa é sempre tempo de alegría para o que a disfruta, pero de dicotomía para os organizadores. Neles mistúranse os nervos pola inquietude de que todo saia ben e a felicidade de vela diversión da xente. Estes sabores doces e amargos tamén se xuntan para o alcalde de Carballo, Manuel Varela, nos días previos ó San Xoán. Só ten palabras de gratitude para todas aquelas persoas que velan pola seguridade e para a comisión de festas. «Este ano con dez días de festas, as celebracións son máis unha carreira de resistencia que de velocidade», di o que fora aquel rapaz que chegaba á casa co pelo queimado despois de saltalas cachelas.
20 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Manuel Varela recorda que os nenos da súa parroquia en San Xoán ían xuntos ó río a coller espadanas ó lado de calquer regato ou terreo húmido. Tamén lembra o fiuncho e as rosas que quedaban ó recío da noitiña para lavarse con elas á maña seguinte. ¿¿Que cousa do san Xoán lle gusta tanto agora como cando era neno? ¿Segue gustándome e teño a mesma percepción do primeiro paseo festivo que se realiza. Nel atópaste con moita xente que vén a disfrutar. Ó final, o san Xoán é a festa que da paso a tódalas festas das parroquias. Esa percepción tíñaa de rapaz porque acababa o curso e empezabas a celebración. Era unha ruptura. Segue sendo a misma dinámica e o primeiro gran encontro entre os amigos. A xente de fóra que acude a Carballo. A festa foi e é encontro, alegría e disfrute. ¿¿Que destacaría do programa deste ano? ¿O que eu destacaría é que son dez días. Este ano ás festas son máis un carreira de fondo, que de velocidade.Vamos a ver se conseguimos aproveitar dez días de ambiente. Ben é certo que o programa é moi variado e o permite. Tamén destacaría o labor da comisión de ofrecer actividades para tódalas idades. A nivel puntual destacaría as actuacións musicais, como Amaral, Ketama. O Estival Rock está creando moita expectación. ¿ Os carballeses participarán nas festas. Actuará a Banda Municipal, a Big Band e cantareiras. ¿Como o valora? ¿A comisión propicia que todo tipo de estamentos e entidades colaboren na súa festa para sentir o orgullo de ser carballés e polo traballo que levan facendo moito tempo. A todo o mundo que ten algo que dicir ou facer se lle dá unha oportunidade. Aquí está o escaparate para que poidan ofrecer o mellor de cada un. ¿O san Xoán segue sendo un referente no só para Carballo, senón para todo Bergantiños. ¿Isto é unha fortuna. Eu creo incluso que vai máis aló da comarca de Bergantiños, e chega ata Baio, Vimianzo e incluso a Fisterra. A xente ven a Carballo con moito agrado e se sinte participe. Para nós, isto é un halago e un orgullo tremendo. Nós, ademais, recibimos cos brazos abertos a todos aqueles que queiran participar. Son como se fosen de Carballo. A xente que vén de fóra sentímola como propia e iso é o elemento máis importante e diferenciador desta festa. Pola tanto, invitamos a todos a que veñan.