«O traballo da casa é especializado»

La Voz

CARBALLO

XURXO LOBATO

MARÍA XOSÉ QUEIZÁN, ESCRITORA

26 oct 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

María Xosé Queizán é escritora e presidenta das Feministas Independentes Galegas. Onte falou en Laxe do papel da muller nos distintos sectores económicos ó longo da historia. -¿Tamén falou do que non se considera traballo? -Sí, o que fai a muller na casa, que é unha das súas principais ocupacións e a que non se lle da ningún valor, a pesar de que o traballo da casa é especializado e moi complexo. Eso é moi inxusto. -¿Cambiou moito a situación? -Na medida en que cambiou o tipo de traballo que se realiza no mundo rural, que é o sector onde hai máis abundancia de mulleres. Antes tamén había as criadas e as amas de cría. Unha das poucas saídas que tiñan as mulleres era ir servir, un tipo de traballo onde se daban moitas situacións de explotación. Tamén é diferente para a muller proletaria da que non se fala moito en Galicia e parece que non existe, pero eu son de Vigo é vivin nese ambiente. -¿Siguen as diferencias cos homes? -A muller en Galicia traballou sempre moito. O traballo era para a clase baixa, que era a maioría. Agora, o traballo democratizouse, non só todo o mundo traballa, senón que quere traballar ou ter un salario. Aínda hai moitas mulleres que non consiguen un salario. As que teñen a sorte de traballar obteñen os oficios máis baixos no escalafón e os peor pagados. Iso forma parte do desprestixio xeral que ten a muller. Agora se ven diferencias entre as empresas privadas e a administración pública. Na segunda, como se entra por oposición, as mullleres teñen máis posibilidades.