BELÉN VÁZQUEZ A ENTREVISTA Ramón Smits Álvarez, representante do Partido Socialista de Holanda
25 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Ramón Smits Álvarez sorprende polos seus apelidos, en primeiro lugar, e pola forma tan peculiar que ten de falar galego, despois. Sobre todo porque é holandés. A explicación é que este xove é fillo de carballesa, aínda que a súa presencia estes días na capital de Bergantiños non sexa por motivos estrictamente familiares. O seu obxectivo é levar a cabo un traballo de investigación sobre as campañas electorais que desenvolve o Partido Socialista -ó que representa- noutros países. Explicouno en Onda Cero. -¿Como resumiría o obxectivo do seu traballo? -O que estou facendo é mirando como se desenvolve a campaña para as eleccións de outubro á Xunta, para ver se hai cousas que podemos aplicar na campaña en Holanda, e ó revés. -¿E por que leva a cabo esta investigación? -Porque estou na campaña nacional holandesa e decidimos mirar como se desenvolve a campaña electoral noutros países, e un deles é precisamente Galicia. -¿Como se estructura esta tarefa? -O que estamos facendo primeiro é mirar como se desenvolve na prensa o partido político e tamén ante os votantes, e despois miramos como están os votantes reaccionando ante o que din os políticos. O que estamos mirando son as diferencias entre as campañas de aquí e de alí. Por exemplo, aquí en Galicia pódense encontrar algunhas cousas diferentes, pero podemos collelas, mirar como resultan aquí en Galicia e despois aplicalas en Holanda. Coller as cousas boas, as malas non. -¿Que diferencias espera encontrar? -Eu creo que van estar na comunicación co votante, eu penso que esa comunicación é difícil, máis aquí en Galicia que en Holanda. -¿Como se establece o contacto en Holanda? -O problema é establecer unha relación personal co votante. Votante é uns cantos meses, pero despois é cidadán, e neses momentos sigues con el, axudándoo, escoitándoo, e cando ten que votar que vote ó teu partido. Pero non é chegar dous meses ates do voto prometendo as américas. Eso non. Tes que escoitalo cando él non ten a papeleta na man.