Unha ducia de rapaces asistiron a un obradoiro de creación de banda deseñada
12 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.A Semana da Banda Deseñada organizada polo Concello de Laxe e a Consellería de Familia remata hoxe con dúas proxeccións de vídeo no salón de actos da rúa Villa Amparo. Ás seis pasarase Popeye en acción e ás oito, Nicky, la aprendiz de bruja. Ademais quedan pendentes os resultados do concurso Dibus e Golfiño. A xornada máis completa foi a de onte. En horario de mañán e tarde desenrolouse un obradoiro de creación de banda deseñada dirigido a rapazas e rapaces de Laxe e dirixido polo dibuxante Manel Cráneo. A actividade comezou o luns coa apertura de catro exposicións en tres locais da vila. Tamén onte se puxeron a disposición de nenos e maiores numerosos álbumes de cómic, dos personaxes máis coñecidos, facilitados pola Consellería de Familia e que poideron ser consultados pola mañán e polo serán na biblioteca. Dende o venres houbo proxeccións de vídeo de debuxos animados. A preparación do programa e o desenvolvemento dos actos foi responsabilidade da Oficina de Información Xuvenil de Laxe, onde os interesados en participar nos concursos poideron presentar os seus orixinais. O fallo do xurado se coñecerá nun plazo dun mes, según as bases facilitadas polos organizadores dos actos.