«O PSOE de Coristanco desfíxose e temos que reconstruilo»

La Voz

CARBALLO

CRISTINA ABELLEIRA A ENTREVISTA Miguel Ángel Rodríguez, secretario xeral Miguel Ángel Rodríguez Lista defínese a si mesmo como «un traballador normal e corriente», tal vez coa salvedade da súa atracción pola política. «O PSOE de Coristanco desfíxose -di- e temos que reconstituír o partido». O seu labor será fundamental para conseguilo, porque é o novo secretario xeral.

17 mar 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Foi por casualidade, pero a asamblea extraordinaria do PSOE de Coristanco celebrouse o pasado 23 de febreiro. Os militantes elixiron ós seus novos representantes, e nomearon secretario xeral a Miguel Ángel Rodríguez Lista. -¿É a primeira vez que participa directamente na actividade política? -Si. A primeira vez. Empezamos de cero, como en tódolos sitios, e o primeiro é constituir unha executiva nova. -¿Tiveron que convencelo moito para que accedera? -Sempre me tirou a política. Participei en varias campañas a nivel extraoficial, pero axudando sempre a partidos de centro-esquerda. Despois trasladámonos a Coristanco (alude á súa familia, pois está casado e ten dous fillos), e formei parte da executiva do BNG, pero deixeino porque non me gustaba a súa forma de gobernar. Agora estaba apartado de todo, pero o PSOE veu falar comigo e imos probar a ver que somos capaces de facer. -¿Como ve a situación política en Coristanco? -De momento está complicada para a oposición, pero non se pode perder a esperanza, porque as maiorías parece que acaban corrompendo. -¿E no PSOE? -A partir da debacle quedaron só os tres concelleiros que hai agora. O PSOE de Coristanco desfíxose e temos que reconstituír o partido para despois comparar os resultados das eleccións autonómicas. Eu penso que é un referente bo para ver cara onde temos que tirar. Aínda que non son orientativas ó cen por cen, dan unha idea de por onde van os tiros. -¿Que proxectos ten? -O principal proxecto é reorganizar o partido, contactar co antigos militantes e reorgalizalo. Hai que repartir o traballo en áreas e plantexar alternativas ás necesidades que hai, que creo que son moitas.