MAICA SIMÓN A ENTREVISTA Fernando Novoa, xefe do Servicio de Salvamento Marítimo da Xunta de Galicia
13 ene 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Fernando Novoa é o xefe do Servicio de Salvamanto Marítimo da Xunta de Galicia, que organizou onte en Fisterra unha xornada con demostración de rescate incluida. Novoa mantén que este servicio viviu unha gran evolución na última década. -¿Cómo evolucionou o salvamento nestes anos? -Sufriu un cambio radical. Antes só se dispoñía dun helicóptero do Servicio Aéreo de Recate, con base na Coruña, e dunha embarcación da Mercante. Cando nós empezamos tiñamos dous helicópteros, que eran os primeiros civís en facer labores de salvamento, e un remolcador. Un ano máis tarde incorporamos un arrastreiro. Despois trouxemos outro helicóptero e púxose en marcha o Plan Nacional de Salvamento Marítimo. -¿Cales son as claves deste servicio? -Unha das particularidades do servicio galego é que está deseñado para pesqueiros. O que se tivo en conta para configuralo foron as estadísticas, estadounidenses e inglesas, porque aquí non había, que dicían que o 94 por cento das emerxencias no mar eran de menos de catro persoas. Coa nosa rede podemos rescatar ata dez, e cubrimos máis zona. -¿Qué obxectivo teñen as xornadas como a que se fixo onte en Fisterra? -Hai dez anos comezamos a campaña destinada a buscar a mentalizacióndos mariñeiros. Chamaba a atención que o 73 por cento das mortes no mar eran producidas por accidentes de traballo. Iso significa que había unha necesidade de cambiar a formación dos mariñeiros, e ese é o obxectivo. -¿En que sentido? -Por exemplo, trátase de tentar convencer ós mariñeiros da utilidade do chaleco e das roupas de auga con flotabilidade. Un 48 por cento dos que morren no mar poderían salvarse se levaran o chaleco. Poderíase reducir á metade o número de mortes. -Hai pocas semanas chegou a Camariñas unha nova embarcación de Salvamento. ¿Era necesaria? -Dende que se fixo o Plan de Salvamento, dende a Consellería se insitiu en que entre A Coruña e Porto do Son había un oco, precisamente coincidía coa zona da Costa da Morte. Agora a zona está mellor atendida.