ENTREVISTA: Carmen Pardiño Rial, organizadora da homenaxe ó escritor e político de Agualada As asociacións do Concello de Coristanco puxéronse un ano máis dacordo para render homenaxe a un home vencellado á vila de Agualada, o escritor e poeta Arturo Cuadrado Moure. Carmen Pardiño Rial, unha das organizadoras dos actos, anunciou que ás seis da tarde comezarán as actividades na biblioteca da localidad.
05 ago 2000 . Actualizado a las 07:00 h._¿Por que se decidiron as asociacións a facer por segundo ano consecutivo a homenaxe a este home? _Porque cremos que é unha persoa importante e que hai que recordar. Cuadrado é descoñecido no pobo porque marchou no ano 36 ó exilio. _¿Quen foi Cuadrado? _A súa nai era da zona de Agualada. El naceu en Alacante, aínda que veu vivir aquí moi novo. Despois marchou outra vez para Santiago, aínda que viña sempre de vacacións. Cuadrado foi escritor, poeta, político e, sobre todo, promotor cultural. Editou obras de Cunqueiro no exilio e tamén de Rafael Dieste, foi o primeiro en editar a Xulio Cortázar. _Foi unha persoa ligada á vida cultural galega. _De feito, redactou e presentou xunto con Castelao e Anxel Casal o Estatuto de Autonomía. Fixo varias revistas adicadas a inquedanzas culturais. Foi un home moi influínte na súa época. Participou tamén na revista Resol, onde se recollía literatura, manifestos políticos, escritos económicos. _¿Como é posible que unha persoa tan influínte deixara unha pegada tan pequena no seu pobo? _Porque o seu traballo desenvolveuse practicamente en Bos Aires. Quizáis por iso o temos algo esquecido, pero el nunca olvidou Coristanco. De feito, con case noventa anos, volveu a Galicia e visitou Agualada. Con esta homenaxe queremos recordar a súa figura, desaparecida hai dous anos. _¿En que consistirá esta homenaxe? _A partir das seis presentarase a xornada, despois haberá conferencias, presentación da publicación Folliña voandeira, recitais poéticos e unha ofrenda floral na placa situada na Praza do Cruceiro de Agualada.