O Grupo de Cámara de Verdillo estreou nun recital poético o himno galego que compuxo o autor carballés O maratón de lectura organizado pola Concellería de Cultura de Carballo rematou cun inesperado recital poético-musical no que varios voluntarios puxeron a palabra e o Grupo de Cámara de Verdillo, o resto. A actuación, que dalgún xeito «inaugurou» a ludoteca, rematou coa interpretación do himno galego composto por Alfredo Brañas, unha proposta que sucumbiu ante os «Queixumes dos pinos» de Pondal no seu momento e que a agrupación recupera cando se cumpren cen anos do pasamento do autor de «El regionalismo».
18 may 2000 . Actualizado a las 07:00 h.Despois de pasar Dez horas lendo, aínda houbo un grupo de xente que decidiu acudir ó recital poético-musical organizado pola Concellería de Cultura de Carballo. A proposta, un tanto inesperada, tiña o atractivo da presencia do Grupo de Cámara de Verdillo. Pero, entre actuación e actuación, un grupo de voluntarios recitaron poemas de autores como Eduardo Pondal, Rosalía de Castro ou Manoel Antonio e leron fragmentos de obras de Castelao ou Cabanillas.Como colofón, o Grupo de Cámara estreou o himno galego escrito por Alfredo Brañas: «Cantai, galegos/ o hino xigante/ d''os pobos libres/ d''os pobos grandes./ Cantai, galegos/ a ideya santa/ d''a independenza/ d''a nosa Patrea». Estas dúas estrofas convertéronse en estribillo da composición, moi aplaudida polo público.Pero a música non cesa en Carballo. Hoxe, de oito a nove da tarde, a Banda Municipal de Música ofrece no cine Rega o tradicional Concerto das Letras. Tamén haberá estreas, entre elas un pasodoble titulado Fina Planells e composto polo director da agrupación, José Vicente Pérez Planells.