A iniciativa está dirixida a estudantes de ESO, bacharelato e FP
24 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O IES Félix Muriel de Rianxo vén de lanzar unha nova edición, a terceira, do certame artístico Cousas, unha proposta que busca poñer en valor a obra de Castelao. As persoas que desexen concorrer teñen ata o vindeiro 30 para entregar unha creación que combine un texto breve cunha imaxe. A iniciativa está dirixida a alumnado menor de 19 anos que curse secundaria, bacharelato ou algún ciclo de formación profesional. Haberá tres premios de 100, 200 e 300 euros.
Nesta ocasión, o xurado encargado de valorar os traballos estará formado por Pilar Ponte e Xabier Vázquez Parcero, vinculados ao eido educativo; Kiko Dasilva, profesional das artes plásticas; e Leo Arremecághona, creador do ámbito artístico.
A organización do certame continúa en mans dun grupo integrado por alumnado de segundo de bacharelato do Félix Muriel e por estudantes que xa remataron no centro. O obxectivo é espertar a creatividade da mocidade.