Alba del Río Vidal

La Voz

PORTO DO SON

Cedida

Responsable da biblioteca de Noia

27 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Ningún momento é malo para a lectura, mais quédome con poder ler á tardiña, cando comeza a pórse o sol.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. O tema que trata, recomendacións de amigos, as críticas recibidas, o escritor...

3. Que lle achega a lectura? Desconectar por un instante e entreterme.

4. Os seus libros favoritos. O soño do merlo branco, de Agustín Fernández Paz; Os vellos non deben de namorarse, de Castelao; Morning star, de Xosé Miranda; Mi tigre es lluvia, de Carlos Puerto.

5. Un xénero literario. A novela. Gústanme en especial as que tratan de feitos reais.

6. Un personaxe e un espazo literario. Gregorio Samsa, da Metamorfosis, de Kafka, e o seu espazo onde a agonía se traslada ata o lector dende as primeiras follas.

7. Que está a ler agora? El olvido que seremos, de Héctor Abad Faciolince.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Castelao e Hemingway.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Gasto o tempo libre estudando e camiñando polos montes da comarca.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. Un atardecer que dea ao Monte Louro dende o miradoiro da Atalaia, en Porto do Son.