A presentación concluíu coa lectura, por parte de Esperanza Mara do poema Á miña dona, escrito por Manel Monteagudo para a súa muller, e a interpretación maxistral de Lela, trala cal os asistentes foron convidados a uns aperitivos.
Do mar á escrita
Manel Monteagudo, mariñeiro de profesión, tivo que deixar o mar tras sufrir un grave accidente que o tivo en estado vexetativo durante máis de tres décadas. Ao espertar, tal e como relatou durante a presentación, viuse na obriga de aprender a falar e a escribir, o que describiu coma «toda unha fazaña»>. Aínda que ata o espertar nunca se animara a escribir, Monteagudo sempre sentiu inclinación pola palabra escrita. Foi a súa filla quen, no 2015, agasallouno cunha autoedición dos poemas escritos polo seu pai que fora atopando no ordenador.