31 oct 2006 . Actualizado a las 06:00 h.
? compañía profesional Cuarta Pared acudirá este venres a Noia para presentar a obra Café , na que se aborda, en ton de comedia, as consecuencias que xera nas mulleres a prohibición de inxerir esta bebida universal. Deste xeito inaugurarase en Noia a programación cultural de novembro do Concello. Na actualidade, no Coliseo Noela xa pode contemplarse a exposición titulada Granell en papel , que permanecerá aberta ata o día 19. Na casa da cultura hai unha exhibición de manualidades feitas nos cursos de Amas de Casa. Polo que respecta á música, haberá concertos entre os días 22 e 26. Todos terán lugar ás oito e media da tarde. O primeiro en actuar será un quinteto de vento e pentafonía.