DENDE FÓRA | O |
19 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.TERCEIRA FESTA de exaltación do berberecho, ou croque, nesta vila de Noia, antano porto de Compostela e baldeira de auga de mar. Temos, según din, os mellores croques do mundo, somos os máis grandes exportadores deste bivalvo, aínda que me pregunto se exportar consiste en mandar todo ás conserveiras. Ven esto a conto porque xa non é a primeira nin será a derradeira vez que a xente de fóra (xa non falo dos meus amigos que me veñen a visitar un ano sí e outro non) pregúntanme onde se pode comer un berberecho: só, ao vapor, en empanada... no que sexa, queren probar un berberecho. Sentindoo moito, cada vez teño que dicirlles que de eso aquí nada, imposible. Ide á capital do Apóstolo, quizais ao Grove ou a Combarro. Berberechos, neses lugares, os que queirades. E se cadra saen da nosa ría, nunca se sabe; pero en Noia, case imposible probalos en todo o ano. E faise unha exaltación do berberecho. Estou de acordo, pero aínda estaría máis se ese festexo se fixera en colaboración cós restaurantes da vila, alomenos para a noite, e que esta festa non rematase ás cinco da tarde. Porque o croque pódese atopar en empanada, pero tamén está bo con arroz, ou acompañando algunha vianda. ¿Ou o berberecho se fai só en empanada e ao vapor? Deus me libre, diría máis dun que coñezo.