DENDE FÓRA | O |
30 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.VEXAMOS A embrolla armada nesta estrada coa posta en marcha da nova seguridade vial. Non sei se os señores que se ocupan destes mesteres na comunidade galega teñen os pés no chan, mais dáme a impresión de que o que teñen é a cachola nas nubes. Coido que ésta non foi a solución máis acertada. A xente de Arxelas, Soutelo e Camboño está agora obrigada a ir case a Noia para voltar a Portosín. Eu pregúntome, ¿como fai agora o autobús que recolle ós escolares en Miñortos e despois pasa por Camboño para levalos ás escolas de Portosín? Tal como está pintada a estrada, dende Miñortos terá que ir a Portosín, voltar a Camboño, ir a Noia e levalos a Portosín. Paréceme, xa non unha burrada, mais ben unha tolería. Falo disto porque, neste preciso lugar, houbo un momento en que se puxo unha limitación de velocidade de 50 kilómetros. E para min, esta tiña que ser a norma. Pasaron unas quince días e cambiouse por unha de 70, que case nadie respecta. Señores da seguridade vial, unha de dúas, ou voltamos cos 50 ou fan unha glorieta, que tanto está de moda. Aínda lles digo máis, fagan un terceiro carril, porque ir a Miñortos é posible para algún coche, xa que moitas estradas locais aínda non deixaron de ser camiños de carro asfaltados.