Celebradas na Casa do Mar unhas xornadas promovidas dende APTCM
26 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A asunción de competencias por parte da Xunta de Galicia na xestión do litoral pode ser una oportunidade para as localidades costeiras. Foi esta unha das conclusións da xornada dedicada á posta en valor do patrimonio mariñeiro e litoral celebrada en Lira, Carnota, esta semana. «A existencia dun marco regulador que combine control e flexibilidade podería facilitar a recuperación e conservación do patrimonio marítimo galego», traslada a Asociación de Profesionais do Turismo Costa da Morte (APTCM), organizadora do encontro co apoio do Concello carnotán.
A reunión, incluída no proxecto Temporada de Mar, incluíu unha visita guiada inicial á Caseta de Pepe do Cuco, con María Lago, técnica de Turismo. Logo, na Casa do Mar, unha mesa redonda reuniu a Pepe Formoso, Juan Manuel Saborido, Mariña Lestón, Manuel Lara e Santiago Llovo. Entre uns e outros falaron de patrimonio mariñeiro, de desestacionalizar, de patrimonio inmaterial e tradición oral, da importancia de crear sinerxías entre isto e o patrimonio moble e material... Velada para tomar boa nota.