Tempo para a igualdade na USC

Ciprián Rivas VELAÍ

BARBANZA

O venres pasado Rosa Crujeiras, ribeirense de Artes, tomou posesión como reitora da universidade compostelá.
O venres pasado Rosa Crujeiras, ribeirense de Artes, tomou posesión como reitora da universidade compostelá. SANDRA ALONSO

A nova reitora defende o feminismo o uso da lingua, o uso académica da intelixencia artificial, a defensa da autonomía universitaria e a liberdade académica na súa toma de posesión

13 abr 2026 . Actualizado a las 09:45 h.

O venres pasado Rosa Crujeiras, ribeirense de Artes, tomou posesión como reitora da universidade compostelá nun acto ao que acudiron as representacións institucionais con sé no país. Tamén, asistiu, a alcaldesa María Sampedro, xesto que xa comeza a definir o rumbo da primeira autoridade académica que lembrou no seu discurso oficial o seu paso pola escola rural de Artes para poñer en valor o ensino público que «garante a igualdade de oportunidades e fai posible que as persoas poidan desenvolver todo o seu potencial».

Trazou na súa alocución as liñas mestras do que pode ser o traballo do novo equipo fronte a máis de quinto centenaria institución, situándoa como unha entidade onde se practicará a escoita activa e o diálogo para adiantarse as demandas sociais e converterse nunha forza de transformación, defensora do pensamento crítico e da transmisión do coñecemento así como protectora da diversidade, á que considera como unha das maiores fortalezas da academia.

Logo viría a reclamación dun financiamento «axeitado, suficiente e sostible», a reivindicación do papel da muller como eixo histórico, etcétera. Case o mesmo programa que Alexandre Rodríguez Cadarso (1833-1933), anterior reitor de orixe noiesa, reclamaba para o mesmo centro de educación superior. Isto da que pensar no estado que nos encontramos.

A nova reitora, innova no referido a defensa do feminismo, ao uso da nosa lingua, ao uso académico da intelixencia artificial porque a defensa da autonomía universitaria e da liberdade académica xa Cadarso, no seu tempo, pedía protexelas. Oxalá Rosa Crujeiras deixe a súa pegada para que quen veña de novo non siga reclamando o mesmo. Sería un trunfo.