Os entroidos de Boiro, recollidos nun novo caderno cultural

La Voz

BARBANZA

<span lang= gl >A concelleira de Cultura, María Outeiral, amosa un exemplar do caderno trala presentación</span>
A concelleira de Cultura, María Outeiral, amosa un exemplar do caderno trala presentación

A publicación recolle as citas tradicionais da celebración

20 feb 2026 . Actualizado a las 15:02 h.

O Concello de Boiro sacou á luz un novo caderno cultural, o número 15, dedicado ao entroido. A publicación recolle información sobre a celebración da Boliña, que os veciños impulsaron no 2008; o enterro da Cunca, xurdida hai 13 anos; e as Abadesas, que comezaron a percorrer as rúas hai 16 anos. Tamén documenta as tradicións do Óso de Abanqueiro, o Farruco de Cabo de Cruz e o Felipiño de Escarabote.