O espectáculo será representado polo Centro Dramático Galego o 6 de febreiro
22 ene 2026 . Actualizado a las 14:11 h.O Centro Dramático Galego recalará en Ribeira con Memorias dun neno labrego, espectáculo co que se lle rende homenaxe ao autor do coñecido texto, Xosé Neira Vilas, no décimo aniversario do seu pasamento. A función terá lugar o 6 de febreiro, ás 21.15.
Xulio Abonjo, Manuel Cortés, Iris Darriba, Mónica García, Federico Pérez Rey, Santi Romay e Ana Santos integran o elenco que se subirá ás táboas do novo auditorio.
O director do CDG, Francisco Núñez, explicou que Ribeira é un dos novo concellos polos que xirará este «espectáculo histórico» que ofrece unha nova versión dun clásico da literatura galega. Pola súa banda, Cándido Pazó, o director da peza, destacou que a obra «reflicte a memoria colectiva a través da memoria persoal de Balbino, o protagonista».
As entradas para esta función póñense á venda este venres, ás 9.00. Como é habitual, pódense adquirir a través da páxina web ataquilla.com ou de maneira presencial, na oficina de atención cidadá.