Entre dous lumes

Ciprián Rivas VELAÍ

BARBANZA

Desde xaneiro do ano pasado a este xaneiro de 2026 non mudaron as reclamacións realizadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza.
Desde xaneiro do ano pasado a este xaneiro de 2026 non mudaron as reclamacións realizadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza.

Reducir a precariedade contractual, a sobrecarga laboral reclamando condicións dignas para que haxa estabilidade no cadro médico non debería constituír fonte de conflitos coas Administracións, excepto que se queira desmantelar o actual modelo de saúde pública

19 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Desde xaneiro do ano pasado a este xaneiro de 2026 non mudaron as reclamacións realizadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza. Seguen sendo as mesmas e seguen sen moverse as posturas mantidas pola Xunta, o ministerio de Sanidade e os sindicatos. En Barbanza as concentracións, diante dos centros de saúde, reclaman unha atención humanizada, segura, accesible, domiciliaria, próxima e equitativa, con tempos de atención razoables nas segundas consultas e seguimentos, e que se cubran todas as prazas de médicos de familia nos centros de saúde da comarca (Ribeira, Aguiño, Boiro, A Pobra, etc.), denunciando que faltan prazas sen cubrir e que miles de veciños seguen sen ter médico de cabeceira asignado.

Reducir a precariedade contractual, a sobrecarga laboral reclamando condicións dignas para que haxa estabilidade no cadro médico non debería constituír fonte de conflitos coas Administracións, excepto que se queira desmantelar o actual modelo de saúde pública. A postura do conselleiro de Sanidade reclamando ao ministerio a aprobación do estatuto marco —proxecto de lei nacional— para que se regulen as condicións laborais do persoal estatutario do Sistema Nacional de Saúde, actualizando unha normativa de hai máis de 20 anos, non conta coa aprobación dos sindicatos médicos. Veno incompleto, polo que reclaman un estatuto específico para facultativos onde se contemplen gardas voluntarias e melloras salariais como fórmulas para evitar o desapego deste persoal coa sanidade pública.

Mentres tanto, os enfermos sen a atención necesaria despois de cotizaren toda unha vida fican abandonados entre dous lumes: os sindicatos e as Administracións públicas