O BNG renderalle homenaxe o domingo a Castelao cun acto a celebrar no paseo da Ribeira

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Imaxe da homenaxe tributada polo BNG a Castelao no 2025
Imaxe da homenaxe tributada polo BNG a Castelao no 2025 CARMELA QUEIJEIRO

Está prevista a asistencia de Ana Pontón

06 ene 2026 . Actualizado a las 13:24 h.

Hoxe cúmprense 76 anos da morte do escritor e galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Con motivo do cabodano, o Bloque Nacionalista Galego celebrará, como vén sendo habitual, un acto de homenaxe na súa vila natal, Rianxo. Terá lugar o vindeiro domingo ao mediodía.

As persoas que desexen sumarse están convocadas no paseo da Ribeira, onde se atopa o busto do escritor. Alí están previstas as intervencións de Ana Pontón, portavoz nacional do BNG; Rosana Pérez, deputada no Parlamento de Galicia; e Sarela Betanzos, portavoz da agrupación nacionalista de Rianxo. A homenaxe incluirá unha ofrenda floral. En caso de chuvia, as intervencións trasladaranse ao interior do auditorio municipal.

Para culminar a xornada, O BNG ten organizado un xantar de confraternidade no restaurante Ourense. As persoas que desexen sumarse teñen que formalizar previamente a inscrición chamando ao número de teléfono 608 959 612.