Os mouros

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

10 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

moita xente, a palabra mouros sóalle a moros —musulmáns procedentes da África setentrional—, e non é así. Nada máis afastado da realidade. No folclore galego e na tradición oral, os mouros son seres míticos, misteriosos e antigos, ligados a tempos remotos e a lugares máxicos da paisaxe. En realidade, cando os galegos falamos dos mouros, referímonos a seres anteriores a nós que non somos quen de etiquetar. Deste xeito, deixamos no limbo a súa definición precisa e utilizamos esta palabra como comodín para sinalar o que non coñecemos.

Atribúeselle a construción dos castros, por exemplo, porque non entendemos como hai 3.000 anos había persoas capaces de facer realidade os primeiros núcleos urbanos da nosa historia, coa tecnoloxía da época: falamos do final da Idade do Bronce, principio da Idade do Ferro. Falamos da mal chamada cultura castrexa e os castrexos, cando en realidade teriamos que falar dos galaicos de hai 3.000 anos, porque en Francia tamén había montes fortificados.

Tamén son supostos autores dos dolmens, murallas e outros monumentos megalíticos. Son seres míticos de Galicia, norte de Portugal e Asturias, e as súas obras acabaron sendo romanizadas nas proximidades do nacemento de Cristo, precursores dos suevos posteriores.

Non hai máis que ler topónimos como a Cova dos Mouros, a Pedra dos Mouros, etc. Buscándolle unha explicación histórica que descoñecemos. Séculos despois, mantiveron os nomes dos lugares pero foron cristianizados. Pódese pensar unha analoxía entre mouros e celtas, pero investimos pouco na investigación histórica e quedamos co mito.