Máis parvos

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Tapones unidos a las botellas para facilitar su reciclaje.
Tapones unidos a las botellas para facilitar su reciclaje. ANA GARCÍA

A sociedade española retrocede en moitos eidos, e hai probas evidentes que reforzan a miña afirmación

11 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

sociedade española retrocede en moitos eidos, e hai probas evidentes que reforzan a miña afirmación. Aos ascensores modernistas que teñen enreixado perimetral estanlle obrigando a poñer un vidro ou pechalos porque algúns rapaces meteron os dedos neles e o ascensor mancounos. Levaban máis de cen anos funcionando e nunca se soubo que ninguén metera os dedos nos buratos cando pasaba o ascensor.

Agora as botellas plásticas levan os tapóns soldados e fai difícil o seu uso de sempre: quitalo e beber, ou simplemente botar nun vaso. Xustifican esta imposición ás fábricas porque antes perdiamos o tapón ou o separabamos do envase e quedaba a un lado. Queren que tapón e botella formen un tándem inseparable. A min nunca me pasou o de perder o tapón da botella, nin metelo nun colector de lixo distinto, pero parece ser que a outra xente si. Levan as botellas cincuenta anos entre nós, e non pasara tal cousa.

Non é a primeira vez que poñen varandas nos portos para que non caia a xente ao mar. Portos que levaban douscentos anos sen varandas, e ninguén protestou por caer ao mar. Un tipo sobe pola fachada da catedral porque non hai un letreiro que o prohiba.

Podería mencionar moitos máis indicios que reafirman que a sociedade actual é a dos parvos. Cousas evidentes que os de agora non saben facer con sentidiño. Ou nos toman por parvos, ou somos parvos directamente.

Iso si, fozar no móbil sabe case todo o mundo, e denunciar tamén. Agora necesitamos reformular a educación que estamos dando aos nosos mozos para volver a ser persoas útiles na sociedade.