Inmaterial

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Casco histórico de Noia
Casco histórico de Noia MARCOS CREO

A vida cotiá dos pobos é o máis auténtico patrimonio cultural, o inmaterial

28 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O patrimonio inmaterial é o que non se ve, pero imprescindible para a existencia do que vemos. Sen xente non hai patrimonio; sen uso, as pedras esmorecen e arruínanse. Por algo a Unesco ten posto o ollo no patrimonio inmaterial, é o que agora declara legado para salvagardar. Non é Galicia o único lugar no que morre a xente e os pobos quedan baleiros. Non é tampouco o único lugar no que hai cambio de paradigma e os mozos non queren manterse no lugar de nacemento, e impulsados pola síndrome wandelust están obsesionados por viaxar, convertendo a tradición en espectáculo, e por engadido, en parques temáticos os lugares que conservan o patrimonio —material—.

É a ruína do patrimonio manter os nosos bens a expensas do turismo, fóra da autenticidade, fóra da propia tradición. Fosilizar os catalizadores da vida dos cidadáns para inmortalizalos nas redes sociais e gabarse de coñecer todo o mundo é algo que vai camiño de xeneralizarse. Afortunadamente, hai moita Galicia que non é digna de mostrar ao mundo, preservando a súa autenticidade e as tradicións.

Hai que ser moi cautos á hora de ofrecer o patrimonio aos turistas, porque ese é o camiño de acabar con el. A vida cotiá dos pobos é o máis auténtico patrimonio cultural, o inmaterial. Porque a cultura non so son as pedras, senón os oficios, as relacións veciñais baseadas en ritos ancestrais.

Igual que na agricultura (cultura do agro), temos que impulsar o turismo de proximidade, o de coñecernos nós antes que o resto do mundo. Vincularnos co lugar para coidalo máis, evitando o vandalismo, favorecendo, de paso, ao planeta.