Alcol e menores

María Xosé Blanco Giráldez
María Xosé Blanco CARA E CRUZ

BARBANZA

Los restos del botellón. La subida al parque de San Roque desde la zona de las casas baratas es un punto muy socorrido por los jóvenes de Ribeira para el consumo de alcohol y hachís
Los restos del botellón. La subida al parque de San Roque desde la zona de las casas baratas es un punto muy socorrido por los jóvenes de Ribeira para el consumo de alcohol y hachís CARMELA QUEIJEIRO

O botellón é un fenómeno imposible de controlar que vai a máis cada ano que pasa. Semella que incluso agora está recuperando o tempo perdido por mor da pandemia, para acadar límites insospeitados. Xa non hai festa, sexa nunha localidade grande como nunha aldea, na que non se vexan ducias de mozos armados con vasos e botellas, convertendo o hábito de beber na súa principal forma de divertimento.

Claro que tamén había botellón nos 80 e nos 90, cando a diferenza do que ocorre hoxe, a movida nocturna estaba no seu máximo esplendor. Pero daquela, quen o practicaba agochábase en lugares afastados, lonxe das miradas, sobre todo se eran menores de idade. Agora nin sequera estes tratan de non ser vistos. Aínda sendo ilegal beber alcol na rúa, o botellón converteuse nunha práctica habitual, que incluso vai camiño de ser aceptada socialmente.

Por riba desta moda en auxe debería estar a lei, aínda que facela cumprir poida antollarse complicado. As forzas da orde pública terían que asumir a súa responsabilidade, sen esquecer que son os pais os primeiros que deben velar polo benestar dos seus fillos, sobre todo no caso de tratarse de menores de idade.

Pero no problema entran outros factores en xogo, que se están a erixir en grandes protagonistas. Non pode ser que en barras e postos instalados nas festas se dispense alcol a menores con total normalidade, como se o que se lles estivera servindo fose un refresco. Todos sabemos que hai mil e unha formas de conseguir unha botella ou unha copa, pero iso non pode servir de escusa para saltarse a lei vixente.